Benvida
A través desta páxina preténdese resolver todas as dúbidas relacionadas coa realización do estudo de clima laboral entre os traballadores da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se leva a cabo en outubro de 2025.
1 de outubro
Dirección
Anúnciase o estudo de clima laboral a todos os traballadores por correo electrónico.
2 de outubro
Os traballadores reciben vía mail o enlace para contestar a enquisa.
2 ao 31 de outubro
Resposta
Prazo de resposta.
ata o 30 de novembro
Procesado
Introdución de datos, análise e xeración de informes.
No primeiro trimestre de 2026
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
Presentación de resultados.
O cuestionario foi deseñado e validado pola empresa FBA Consulting especificamente para centros sanitarios; utilizouse a mesma versión que hai dous anos. De novo, tivéronse en conta os criterios do Modelo EFQM á hora de crear seccións e preguntas.
- Ambiente de traballo
- Supervisión, participación e recoñecemento
- O paciente/usuario como eixo
- Comunicación e coordinación
- Dirección
- Contido do traballo
- Imaxe do 061
- Valores do 061
- Opinión global
Todas as preguntas están nunha escala de 1 a 5 que, para os informes, transformarase nunha escala de 0 a 10.
- Lugar de traballo (Oficinas administrativas, Central de coordinación, ou cada unha das bases)
- Tipo de persoal / Categoría profesional
Lembramos que non se farán estudos cruzando lugar de traballo e tipo de persoal/categoría profesional.
Por que é importante que participes neste estudo?
Estase a realizar un esforzo considerable para incluír a todos os traballadores e ter así todos os puntos de opinión posibles, a fin de obter uns resultados que permitan propor accións de mellora para aumentar a satisfacción global dos traballadores
Somos conscientes de que non existen solucións ideais, mais se temos ben identificados os problemas de todos os empregados será máis doado buscar as solucións.
Unha alta participación na enquisa axudará a que os resultados sexan máis fiables e a que todos os traballadores se sintan máis identificados cos resultados.
Queremos ter en conta todos os puntos de vista e todas as opinións.
Para que se realiza o estudo?
Este estudo realízase coa intención de explorar a percepción dos traballadores e buscar áreas de mellora, é dicir, formas de aumentar a motivación e mellorar a satisfacción no día a día laboral. Encádrase dentro do esforzo de mellora continua no que levamos traballando no marco da EFQM.
Quen o realiza?
O encargado último é o Servizo de Recursos Humanos e Relacións Laborais, dentro da Dirección de Xestión e Servizos Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero é un esforzo de todo o organismo. Para evitar calquera tipo de temor de perda de confidencialidade ou anonimato, a execución correrá a cargo dunha organización externa, FBA Consulting, que posúe unha ampla experiencia previa na realización de enquisas de clima laboral en contornas sanitarias, cunha enquisa validada.
É anónimo?
O cuestionario é totalmente anónimo. A empresa que executa o estudo só proporcionará resultados agregados, nunca resultados individuais, polo que a identificación é totalmente imposible.
Ademais, non se farán estudos cruzando lugar de traballo e tipo de persoal/categoría profesional, por exemplo, Base de Santiago e persoal facultativo, polo que o anonimato queda asegurado.
Que prazo teño para respondela?
Pode consultar os prazos na sección "Cronograma".
E os resultados?
Ao final do estudo, no primeiro trimestre de 2026, un resumo dos resultados será feito público nas canles de comunicación internas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O cuestionario non me parece o idóneo
O cuestionario creouse e validouse para centros e organizacións sanitarias. Ao aplicar o mesmo cuestionario a persoas en distintos ámbitos (sanitarios e non sanitarios) hai preguntas que non sempre son as máis apropiadas para cada circunstancia. Con todo, ao utilizar un único cuestionario permítenos unha comparación máis fácil e directa entre distintos centros e/ou institucións sanitarias.
Quen é o "Superior inmediato"?
É a persoa á que se informa do traballo do día a día, coma o/a Xefe/a de Base ou Xefe/a de Servizo.
Que fago se atopo preguntas que non teñen sentido no meu traballo?
Non se contestan. O persoal non sanitario, por exemplo, pode non atopar sentido á pregunta de se recibe información sobre as necesidades dos pacientes que atende. Nese caso, non as respondería...
A pregunta de "O trato humano ofrecido ao paciente / usuario"
Pregúntase pola opinión sobre o trato humano ofrecido no seu centro de traballo ao usuario/paciente, non ao trato ofrecido por un mesmo.
Para resolver dúbidas
O Servizo de Recursos Humanos e Relacións Laborais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061: rrhh.061@sergas.es
Tamén pode contactarnos no enderezo de correo electrónico: 061@clima-laboral.es